Debate sobre «Mañana matarán a Daniel» de Aroa Moreno Durán

O martes, 24 de marzo, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Mañana matarán a Daniel de Aroa Moreno Durán.

Mañana matarán a Daniel trata como pouco antes da morte de Franco, na madrugada do 27 de setembro de 1975, tres rapaces foron executados na serra de Madrid. Daniel, Hidalgo e Pito foran detidos e torturados pola policía, acusados de matar ese verán a un policía e a un garda civil. A condena impúxose sen xuízo legal e de forma precipitada, despois dunha farsa militar na que non houbo probas nin posibilidade de defensa. Xunto a outras dúas execucións, aqueles rapaces foron os últimos fusilados polo Réxime. Moitos anos despois, Aroa Moreno Durán encontra por casualidade, moi cerca da súa casa, as pegadas daqueles asasinatos: no monte onde tantas veces acampou de nova existe aínda el noiro onde se levaron a cabo as execucións. Con todo, ela non sabía nada ao respecto.

Aroa Moreno Durán naceu en Madrid en 1981. Estudou xornalismo na Universidade Complutense e é especialista en Información Internacional e Países do Sur. Publicou os libros de poemas Veinte años sin lápices nuevos (Alumbre, 2009) e Jet lag (Baile del Sol, 2016), as novelas La hija del comunista (2017) e La bajamar (2022) e un libro ilustrado sobre Almudena Grandes, Almudena. Una biografía (2024).

Martes 24 de marzo 2026