FAMILIA NIJINSKA

FAMILIA NIJINSKA Idade recomendada: Público adulto Duración. 75 min Lingua Galego Posfunción tras o pase   Unha conferencia escénica do colectivo VACAburra, un espectáculo poético e rebelde a través da historia dunha familia de bailaríns e bailarinas que revolucionaron a danza de inicios do século XX entre outras personaxes fascinantes e seres fantásticos.  A peza transita entre a palabra, o corpo e o trazo, propoñendo unha ollada crítica sobre os relatos hexemónicos da historia da arte, o estigma da saúde mental e o esquecemento das mulleres creadoras. FAMILIA NIJINSKA non é só unha narración biográfica, senón unha interrogación viva sobre como se constrúe a memoria e quen decide que corpos e voces son dignas de ser recordadas.

(Foto: Rosiña Rojo)

Máis información

Mércores 29 de abril 2026