RFG · UNIVERSOS PARALELOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Zoe Zeniodi, directora Esteban Batallán, trompeta Coa participación do alumnado da EAEM   PROGRAMA Cometa: Encarga a Nuria Núñez Hierro. Estrea absoluta Britta Byström: Parallel Universes. Estrea en España  Johann Nepomuk Hummel: Concerto para trompeta en Mi bemol maior Arthur Honegger: Sinfonía núm. 2, H153 Nuria Núñez Hierro introduce Parallel Universes da compositora sueca Britta Byström, na que propón traducir en música teorías cosmolóxicas sobre as realidades paralelas. Máis centrado na terra é o Concerto para trompeta en Mi bemol maior de Hummel, quen, a pesar de ser un neno prodixio como Mozart, deixou un bo posto de traballo como sucesor de Haydn na corte Esterházy para gozar de Weimar e da amizade de Goethe. A pesar da marabillosa escrita do concerto, o solista da estrea tomouse a liberdade de cambiar partes. E a trompeta lévanos tamén ata o final deste serán, como o instrumento que escolleu Honegger na súa Sinfonía núm. 2 para conducirnos desde a anguria do París ocupado ata a afirmación da beleza da vida no terceiro movemento.

Ás 19.45 h, Conversando con... Zoe Zeniodi e Esteban Batallán na Sala Mozart.